Iniciamos o proxecto "Walking through the memory with immersive technologies"



"Walking through the memory with immersive technologies" é  un proxecto Erasmus+ K229, de intercambio de boas prácticas entre centros educativos. 

Está coordinado polo CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo e ten como socios ao CPI O Cruce de Cerceda, España; Agrupamento de escolas de Barcelos, Portugal; Istituto Comprensivo Statale Borsellino Ajello de Mazara del Valo, Italia e Private Anabilim Middle School de Estambul, Turquía.

O proxecto “ Walking through the memory with immersive technologies ” céntrase no estudo, conservación, valorización e difusión do patrimonio intanxible e tanxible da nosa localidade a través da Aprendizaxe por Proxectos e o uso da Realidade Aumentada e Virtual. Os alumnos de Primaria crearán unha plataforma de colaboración na que compartirán coa comunidade educativa nacional e internacional os descubrimentos realizados e a súa difusión a través de múltiples formatos que inclúen, contos animados, videoxogos ou exposicións virtuais.

Realizaranse catro mobilidades: dúas de formación de profesorado e dúas de aprendizaxe entre iguais para o alumnado. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Visita dos socios do proxecto "Wtmemory" a Arteixo

Os meus lugares preferidos. Creación de un Tour virtual con Google Expeditions

Peregrinos no camiño