Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Primaria

Exposición solidaria de fotografía wtmemory

Imagen
Unha das actividades que se celebrou na escola e que contou coa participación de toda a comunidade educativa foi unha exposición solidaria de fotografía. O obxectivo era descubrir os lugares máis emocionantes de Arteixo para o noso alumnado, profesorado e familias.  Durante unha semana as familias poideron acudir a vela. Para visitar a exposición era necesario de "comprar" un tícket. O prezo do tícket" era unha pastilla de xabón que sería doado a Mozambique como parte do proxecto " Sementes Amanha ".

Peregrinos no camiño

Imagen
O noso alumnado puido aprender e desfrutar coas aventuras dos peregrinos na súa ruta cara a Santiago.  Link En concreto, os alumnos e alumnas de cuarto de primaria empezaron o camiño e para ser uns bos peregrinos estudaron e investigaron a orixe das peregrinacións. No seguinte video atoparás máis información. 

Historia da Raiña Lupa. Unha historia a través de Stopmotion

Imagen
O alumnado de segundo de primaria usou a técnica do StopMotion para contar historias sobre patrimonio. Stopmotion é unha técnica de animación que favorece o traballo manipulativo e a competencia dixital. Movendo obxectos e facendo fotografías vaise compoñendo unha historia animada.  Video da historia

A orixe do Camiño de Santiago

Imagen
Os rapaces/zas de 4°E comezaron a súa andadura no Camiño de Santiago. É para ser un bo peregrino investigaron cal é a súa orixe. No seguinte video atoparedes máis información. 

Festival de nadal

Imagen
O pasado venres 17 de decembro celebramos un superfestival de nadal a través da plataforma Webex. Houbo participación de todos os socios e do alumnado que forma parte do Erasmus "Wtmemory". Pese ás dificultades técnicas, puidemos ver e escoitar aos nenos e nenas de Turquía, Barcelos, Cerceda, Mazara e Arteixo. Foi unha experiencia moi bonita que esperamos repetir nas vindeiras datas. Aqui vos deixamos a participación dos diferentes socios, agás Barcelos que o fixeron en directo.  Centro Público Integrado O Cruce      I.C. Borsellino Ajello      Private Anabilim Middle School CEIP Ponte dos Brozos Mutlu Noeller Buon Natale Feliz Natal Bo nadal Feliz navidad MERRY CHRISTMAS!!
Imagen
CHRISTMAS FESTIVAL “ WALKING THROUGH THE MEMORY IMMERSIVE TECHNOLOGIES” Next Friday at 10 CET #FestivaldeNadal   #Christmas   #wtmemory   #Erasmus +  #Erasmus +  #sepie_gob  

O centro de Arteixo

Imagen
  Queres dar un paseo por Arteixo? Pois o alumnado do Ponte dos Brozos convídavos a seguir a súa  ruta virtual e descubrir algúns dos lugares más coñecidos da nosa vila! Non vos perdades a información que comparten os diferentes personaxes que aparecen. Moi interesante!! Grazas ao alumnado, profesorado e ás familias por facer posible esta visita virtual. Encántanos! #Erasmus+ #Wtmemory #CeipPontedosBrozos #Tourvirtual #CoSpaces_Edu #my.360io #Arteixo #Patrimonio

Super mulleres de Arteixo

Imagen
Seguimos sumando ao noso proxecto!. Os alumnos/as de primeiro dan a coñecer as   super mulleres de Arteixo. Fixeron entrevistas, falamos dos seus oficios e dos seus superpoderes! Gran traballo dos nenos e nenas e das familias. Queres coñecelas?  #Wtmemory #CeipPontedosBrozos #Arteixo #Patrimonio #ErasmusPlus 

Os miradoiros de Arteixo

Imagen
Os nenos e nenas do Ponte dos Brozos saben onde están os lugares máis privilexiados de Arteixo para ter as mellores vistas. Queres coñecelos? Segue a ruta dos miradoiros e gozarás das marabillosas paisaxes que ofrecen. Non deixes de interactuar coas personaxes que aparecen no tour pois teñen moito que contarche.  Moitas grazas ao alumnado do CEIP Ponte dos Brozos por visibilizar os lugares tan fermosos que temos no concello.

A senda azul de Arteixo

Imagen
  Hoxe presentámosvos a senda litoral de Arteixo, máis coñecida como a Senda Azul de Arteixo. No ano 2020, houbo en españa 68 recoñecementos de sendeiros azuis e nós temos a sorte de contar con un no noso concello!  Este galardón pon en valor a recuperación e protección do medio natural e dos seus recursos naturais, culturais e patrimoniais. Asi como destaca o desenvolvemento sostible do litoral constituindo un espazo que favorece hábitos de vida saudable.  A senda azul ten uns 6,4 kilómetros (So ida) e percorre o litoral de Arteixo pasando por algunhas praias espectaculares que teñen bandeira azul: Alba, Salsa-Repibelo, Hucha, Valcovo, Combouzas, Barrañan e O Reiro. O alumnado e o profesorado de segundo e cuarto de Educación Primaria creou un percorrido con imaxes en 360 grados para visibilizar e dar a coñecer esta marabilla do concello.  Deixámosvos aquí a ligazón para que poidades visitar a senda azul. Gozade coa espectacularidade da nosa costa. Parabéns ás mes...

Get to know us!

Imagen
No primeiro nivel de Educación primaria están preparando un traballo para que poidades coñecernos un pouco mellor.  Usan a cámara 360 grados para facer videos da escola e mostrar as diferentes dependencias e utilizan Genial.ly para organizar e presentar todo o traballo.  De momento, mostrámosvos a primeira etapa do proxecto que grazas ao alumnado do nivel, os profes Guille e Judith, irán completando ao longo do curso. 

Arteixo, territorio dos bots

Imagen
Este proxecto estaba pensado para levar a cabo co alumnado de 5º de Ed Primaria. Por mor do confinamento quedou aprazado. Consistía na creación dun Chatbot para contestar ás preguntas sobre o patrimonio da localidade. Crearonse 5 categorías en Machine Learning, unha por cada época histórica. A cada categoría incorporouselle información sobre a historia, sociedade, economía, arte e costumes. Descrición do proxecto Scratch: O proxecto en Scratch simulará un aula do futuro onde os alumnos teñen un asistente persoal configurado para responderlles dúbidas sobre o patrimonio da súa localidade. Deseño: Utilizaremos nosas propias imaxes e fondo para darlle vida. O proxecto constará dunha pantalla onde o bot será o protagonista principal. Cada vez que o Bot responde unha época histórica o monitor interactivo, cambia a unha imaxe da época. No vindeiro curso tentaremos recuperar a proposta e introducir ao alumnado no uso da Intelixencia Artificial. Machine Learning+Scratch.

Erasmus Corner Pavillón 2

Imagen
Ola! Hoxe queremos presentarvos o Erasmus Corner do Pavillón 2. As compañeiras de terceiro nivel fixeron un traballo incríble de investigación, deseño e configuración da súa zona Erasmus. Parabéns polo voso traballo. Quedouvos chulísimo!! Mural Erasmus K 229 WTMemory                                                                                      Detalles do mural