Preparando a segunda mobilidade
No mes de maio temos previsto acudir a Barcelos para reunirnos nunha segunda xuntanza cos nosos socios. Será unha mobilidade na que particicpará o alumnado de 6º de Educación Primaria, alumnado de 5º de Educación Primaria e alumnado do Clube de Ciencia. Para preparar a visita, estivemos a traballar sobre Portugal, e concretamente sobre Barcelos. Preparamos diferentes infografías empregando a plataforma CoSpaces que podesn ser visualizadas en Realidade Virtual cunhas lentes 3D.