Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

O centro de Arteixo

Imagen
  Queres dar un paseo por Arteixo? Pois o alumnado do Ponte dos Brozos convídavos a seguir a súa  ruta virtual e descubrir algúns dos lugares más coñecidos da nosa vila! Non vos perdades a información que comparten os diferentes personaxes que aparecen. Moi interesante!! Grazas ao alumnado, profesorado e ás familias por facer posible esta visita virtual. Encántanos! #Erasmus+ #Wtmemory #CeipPontedosBrozos #Tourvirtual #CoSpaces_Edu #my.360io #Arteixo #Patrimonio

Super mulleres de Arteixo

Imagen
Seguimos sumando ao noso proxecto!. Os alumnos/as de primeiro dan a coñecer as   super mulleres de Arteixo. Fixeron entrevistas, falamos dos seus oficios e dos seus superpoderes! Gran traballo dos nenos e nenas e das familias. Queres coñecelas?  #Wtmemory #CeipPontedosBrozos #Arteixo #Patrimonio #ErasmusPlus 

Os miradoiros de Arteixo

Imagen
Os nenos e nenas do Ponte dos Brozos saben onde están os lugares máis privilexiados de Arteixo para ter as mellores vistas. Queres coñecelos? Segue a ruta dos miradoiros e gozarás das marabillosas paisaxes que ofrecen. Non deixes de interactuar coas personaxes que aparecen no tour pois teñen moito que contarche.  Moitas grazas ao alumnado do CEIP Ponte dos Brozos por visibilizar os lugares tan fermosos que temos no concello.

O paseo fluvial de Arteixo. Paseo inmersivo con thinglink

Imagen
O paseo fluvial de Arteixo localízase na zona urbana e vai desde Loureda ata o Muiño do Rañal, ao longo do río Bolaños. É unha zona perfecta para o ocio de todas e todos. As nenas e nenos do CEIP Ponte dos Brozos sábenno e invítanvos a coñecelo. Gozade cos marabillosos lugares que nos ofrece o noso concello!