Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

WTMemory Erasmus Corner

Imagen
O proxecto Erasmus + do centro, Walking through the memory with immersive technologies , xa conta con varios espacios físicos nos diferentes pavillóns.  Ali, se queredes achegarvos, poderedes atopar información sobre os países participantes, os socios, e as actividades que estamos levando a cabo.  Podedes atopar un no pavillón administrativo. Xusto ao entrar, a man esquerda.  O obxectivo é ter un espazo de referencia ao que dirixirse en calquera momento para obter recursos e información. Esperamos que sexa do voso interés e que sirva para coñecer un pouco máis desta experiencia internacional do centro.

Mobilidade a Mazara. Primeira formación de profesores

Esta é unha pequena descripción da visita a Mazara realizada polo profesorado do CEIP Ponte dos Brozos

Walking through the memory with Immersive Technologies

Nesta imaxe interactiva podes acceder á información dos nosos socios neste proxecto. a imaxe está realizada con Thinglink, unha das aplicacións que usaremos para crear contidos de Realidad virtual para o proxecto.  

Xa temos logo para o proxecto

Imagen
Este é o logo que conseguiu unha maior puntuación de entre todos os presentados. Para elixir unha imaxe representativa do proxecto cada país presentou a súa proposta e o alumnado e profesorado  votaron a principios de novembro. Finalmente o gañador foi o logotipo presentado por Italia que foi deseñado pola alumna. Nel vemos un corazón onde es atopan representadas todas as bandeiras dos socios participantes.  Aquí están os logos finalistas

Iniciamos o proxecto "Walking through the memory with immersive technologies"

Imagen
"Walking through the memory with immersive technologies" é  un proxecto Erasmus+ K229, de intercambio de boas prácticas entre centros educativos.  Está coordinado polo CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo e ten como socios ao CPI O Cruce de Cerceda,  España;  Agrupamento de escolas de Barcelos , Portugal;  Istituto Comprensivo Statale Borsellino Ajello de Mazara del Valo, Italia e Private Anabilim Middle School de Estambul , Turquía. O proxecto “ Walking through the memory with immersive technologies ” céntrase no estudo, conservación, valorización e difusión do patrimonio intanxible e tanxible da nosa localidade a través da Aprendizaxe por Proxectos e o uso da Realidade Aumentada e Virtual. Os alumnos de Primaria crearán unha plataforma de colaboración na que compartirán coa comunidade educativa nacional e internacional os descubrimentos realizados e a súa difusión a través de múltiples formatos que inclúen, contos animados, videoxogos ou exposicións virtuais.