Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como CoSpaces_Edu

O centro de Arteixo

Imagen
  Queres dar un paseo por Arteixo? Pois o alumnado do Ponte dos Brozos convídavos a seguir a súa  ruta virtual e descubrir algúns dos lugares más coñecidos da nosa vila! Non vos perdades a información que comparten os diferentes personaxes que aparecen. Moi interesante!! Grazas ao alumnado, profesorado e ás familias por facer posible esta visita virtual. Encántanos! #Erasmus+ #Wtmemory #CeipPontedosBrozos #Tourvirtual #CoSpaces_Edu #my.360io #Arteixo #Patrimonio

Atrapados na historia. Creación de videoxogos en mundos virtuais

Imagen
 Unha forma de descubrir, visibilizar e poñer en valor o noso patrimonio é coñecéndoo. Iso é o que fai o alumnado de 5º e 6º de primaria nunha das actividades do Club de Ciencia.  As simulacións prehistóricas serven de escenario para a creación de Videoxogos con CoSpaces, unha plataforma de creación de contidos en Realidade Virtual.  Compartimos un pequeno adianto do traballo que están a facer.  Se queredes podedes probar a descargar a aplicación CoSpaces_Edu para dispositivos móbiles e xogar

Arteixo 1900

Imagen
En cuarto de primaria, o alumnado traballou sobre a época histórica do 1900. Un período moi destacado no noso concello xa que desde  hai moitos anos se celebra a tradicional festa do 1900 para recordar tradicións, costumes, vestiario, gastronomía de tempos pasados. Unha vez feitas esas investigacións, realizaron diferentes simulacións en CoSpaces. Mostrámosvos algunha imaxe dos seus traballos que quedaron interrumpidos por mor do confinamento. 

Merge Cube. Portugal, Turkey, Italy and Spain

Imagen
Unha das actividades que fixo o alumnado do Club de Ciencia e alumnado de 3º e 4º de primaria foi preparar presentacións no Merge Cube sobre os países dos nosos socios. O alumnado gozou descubrindo información sobre a cultura, gastronomía, historia de Turquía, Italia, Portugal e España. Despois presentaron os seus traballos aos demáis e descubriron a maxia da Realidade Aumentada. 

Happy New Year!

Imagen
Queredes ver as postais de felicitación do novo ano do alumnado de Portugal, Italia, Turquía e español? Todas están feitas con diferentes ferramentas como:     # CoSpacesEdu ,   # Scratch ,   # MergeCube ,   # APPInventor No seguinte enlace poderás acceder a un #Wakelet onde están almacenadas online e listas para poder ser visualizadas.  # Erasmus   # WtMemory     #ulusalajans # CeipPontedosBrozos   @ ulusalajans