Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Proxecto

O centro de Arteixo

Imagen
  Queres dar un paseo por Arteixo? Pois o alumnado do Ponte dos Brozos convídavos a seguir a súa  ruta virtual e descubrir algúns dos lugares más coñecidos da nosa vila! Non vos perdades a información que comparten os diferentes personaxes que aparecen. Moi interesante!! Grazas ao alumnado, profesorado e ás familias por facer posible esta visita virtual. Encántanos! #Erasmus+ #Wtmemory #CeipPontedosBrozos #Tourvirtual #CoSpaces_Edu #my.360io #Arteixo #Patrimonio

Super mulleres de Arteixo

Imagen
Seguimos sumando ao noso proxecto!. Os alumnos/as de primeiro dan a coñecer as   super mulleres de Arteixo. Fixeron entrevistas, falamos dos seus oficios e dos seus superpoderes! Gran traballo dos nenos e nenas e das familias. Queres coñecelas?  #Wtmemory #CeipPontedosBrozos #Arteixo #Patrimonio #ErasmusPlus 

O paseo fluvial de Arteixo. Paseo inmersivo con thinglink

Imagen
O paseo fluvial de Arteixo localízase na zona urbana e vai desde Loureda ata o Muiño do Rañal, ao longo do río Bolaños. É unha zona perfecta para o ocio de todas e todos. As nenas e nenos do CEIP Ponte dos Brozos sábenno e invítanvos a coñecelo. Gozade cos marabillosos lugares que nos ofrece o noso concello!

Genevieve de Galard

Esta é a versión dos nenos e nenas de 6ªA de Educación Infantil do CEIP Ponte Dos Brozos sobre o naufraxio do Barco Pesqueiro Genevieve de Galard. Esperamos que vos guste e vos resulte tan ameno que nunca esquezades o que pasou unha noite de néboa fai moitos anos. #CEIPPontedosBrozos #Erasmus + #Wtmemory #sepie #Educacióninfantil #Patimonio #Arteixo

Arteixo, territorio dos bots

Imagen
Este proxecto estaba pensado para levar a cabo co alumnado de 5º de Ed Primaria. Por mor do confinamento quedou aprazado. Consistía na creación dun Chatbot para contestar ás preguntas sobre o patrimonio da localidade. Crearonse 5 categorías en Machine Learning, unha por cada época histórica. A cada categoría incorporouselle información sobre a historia, sociedade, economía, arte e costumes. Descrición do proxecto Scratch: O proxecto en Scratch simulará un aula do futuro onde os alumnos teñen un asistente persoal configurado para responderlles dúbidas sobre o patrimonio da súa localidade. Deseño: Utilizaremos nosas propias imaxes e fondo para darlle vida. O proxecto constará dunha pantalla onde o bot será o protagonista principal. Cada vez que o Bot responde unha época histórica o monitor interactivo, cambia a unha imaxe da época. No vindeiro curso tentaremos recuperar a proposta e introducir ao alumnado no uso da Intelixencia Artificial. Machine Learning+Scratch.

Presentámosvos a páxina web do proxecto WTMemory

Imagen
Presentámosvos a páxina web do noso proxecto europeo Erasmus+ K229, "Walking through the memory with immersive technologies" . A páxina web está en inglés e foi deseñada polos nosos socios de Estambul co obxectivo de dar visibilidade á información e ás actividades desenvolvidas polos catro socios que nos acompañan nesta aventura. ℹ️ https://www.wtmemory19.com # Erasmus +   # Sepie # WTMemory   # CeipPontedosBrozos Seguide a información na web e botádelle un ollo ás actividades realizadas. Compartiremos a informaci ón nas redes socias do proxecto e tamén no blog creado particularmente no noso centro. ℹ️ Facebook:   https://www.facebook.com/wtmemory19 ℹ️ Twitter:   https://twitter.com/Wtmemory19 ℹ️ Instagram:   https://www.instagram.com/wtmemory19 ℹ️ Blog WTMemory Ponte dos Brozos:   https://wtmemorypontedosbrozos.blogspot.com

Iniciamos o proxecto "Walking through the memory with immersive technologies"

Imagen
"Walking through the memory with immersive technologies" é  un proxecto Erasmus+ K229, de intercambio de boas prácticas entre centros educativos.  Está coordinado polo CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo e ten como socios ao CPI O Cruce de Cerceda,  España;  Agrupamento de escolas de Barcelos , Portugal;  Istituto Comprensivo Statale Borsellino Ajello de Mazara del Valo, Italia e Private Anabilim Middle School de Estambul , Turquía. O proxecto “ Walking through the memory with immersive technologies ” céntrase no estudo, conservación, valorización e difusión do patrimonio intanxible e tanxible da nosa localidade a través da Aprendizaxe por Proxectos e o uso da Realidade Aumentada e Virtual. Os alumnos de Primaria crearán unha plataforma de colaboración na que compartirán coa comunidade educativa nacional e internacional os descubrimentos realizados e a súa difusión a través de múltiples formatos que inclúen, contos animados, videoxogos ou exposicións ...