Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

WTMemory no confinamento

Imagen
Durante o periodo de confinamento quedaron moitos traballos sen poder ser finalizados, sen embargo a nosa pretensión é retomalos en canto poidamos. Durante este tempo, o noso alumnado mostrou os seus ánimos e desexos aos compañeiros e gravaron un video que compartimos cos socios "desde a miña fiestra". Unha idea moi chula que nos compartiu o CPI O Cruce de Cerceda e que enseguida nos gustou e quixemos levar a cabo.  Esta é a ligazón    para que poidades acceder a ver o video " Desde a miña fiestra".

Arteixo, territorio dos bots

Imagen
Este proxecto estaba pensado para levar a cabo co alumnado de 5º de Ed Primaria. Por mor do confinamento quedou aprazado. Consistía na creación dun Chatbot para contestar ás preguntas sobre o patrimonio da localidade. Crearonse 5 categorías en Machine Learning, unha por cada época histórica. A cada categoría incorporouselle información sobre a historia, sociedade, economía, arte e costumes. Descrición do proxecto Scratch: O proxecto en Scratch simulará un aula do futuro onde os alumnos teñen un asistente persoal configurado para responderlles dúbidas sobre o patrimonio da súa localidade. Deseño: Utilizaremos nosas propias imaxes e fondo para darlle vida. O proxecto constará dunha pantalla onde o bot será o protagonista principal. Cada vez que o Bot responde unha época histórica o monitor interactivo, cambia a unha imaxe da época. No vindeiro curso tentaremos recuperar a proposta e introducir ao alumnado no uso da Intelixencia Artificial. Machine Learning+Scratch.

Arteixo 1900

Imagen
En cuarto de primaria, o alumnado traballou sobre a época histórica do 1900. Un período moi destacado no noso concello xa que desde  hai moitos anos se celebra a tradicional festa do 1900 para recordar tradicións, costumes, vestiario, gastronomía de tempos pasados. Unha vez feitas esas investigacións, realizaron diferentes simulacións en CoSpaces. Mostrámosvos algunha imaxe dos seus traballos que quedaron interrumpidos por mor do confinamento.