CROC E PEPE FAN O CAMIÑO
Este curso, as nenas e nenos da clase das rás están a investigar sobre o camino de Santiago dentro do proxecto Erasmus de Patrimonio do noso colexio. A través das súas mascotas Croc e Pepe realizan distintos retos e aprenden sobre qué é iso de facer o camiño. No primeiro reto as rás atoparon una frecha no medio do monte: qué indicará a frecha? A onde levará? Como non sabían pediron axuda as familias a través dunha carta para que lles axudaran a investigar que indicaba. Unha vez que nos aclararon que indicaba o Camiño de Santiago realizaron un percorrido polo cole onde atoparon frechas que tiñan preguntas para ver os coñecementos previos que tiñan sobre o tema como: Cómo fan os/as peregrinos/as para non perderse? Qué é a cuncha que está no debuxo? Onde durmen os peregrinos? Qué temos que levar na mochila? No reto 2 investigaron sobre os peregrinos:e aprenderon que a vieira é o símbolo do Camiño de Santiago. Clasificaron cunchas de vieira e fixeron unha para poñer cada vez que realizan u