Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

A senda azul de Arteixo

Imagen
  Hoxe presentámosvos a senda litoral de Arteixo, máis coñecida como a Senda Azul de Arteixo. No ano 2020, houbo en españa 68 recoñecementos de sendeiros azuis e nós temos a sorte de contar con un no noso concello!  Este galardón pon en valor a recuperación e protección do medio natural e dos seus recursos naturais, culturais e patrimoniais. Asi como destaca o desenvolvemento sostible do litoral constituindo un espazo que favorece hábitos de vida saudable.  A senda azul ten uns 6,4 kilómetros (So ida) e percorre o litoral de Arteixo pasando por algunhas praias espectaculares que teñen bandeira azul: Alba, Salsa-Repibelo, Hucha, Valcovo, Combouzas, Barrañan e O Reiro. O alumnado e o profesorado de segundo e cuarto de Educación Primaria creou un percorrido con imaxes en 360 grados para visibilizar e dar a coñecer esta marabilla do concello.  Deixámosvos aquí a ligazón para que poidades visitar a senda azul. Gozade coa espectacularidade da nosa costa. Parabéns ás mestras e ao alumnado

Genevieve de Galard

Esta é a versión dos nenos e nenas de 6ªA de Educación Infantil do CEIP Ponte Dos Brozos sobre o naufraxio do Barco Pesqueiro Genevieve de Galard. Esperamos que vos guste e vos resulte tan ameno que nunca esquezades o que pasou unha noite de néboa fai moitos anos. #CEIPPontedosBrozos #Erasmus + #Wtmemory #sepie #Educacióninfantil #Patimonio #Arteixo