Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

Felicitamos o nadal

Imagen
Unha vez que traballamos en clase sobre "As felicitacións de nadal: por que e tipos", a primeira actividade foi decidir como podíamos enviar as felicitacións de nadal aos nenos e nenas  que participan no proxecto Erasmus. Decidimos facer un video e desbotamos a tarxeta de felicitación porque non entenderían o que dicíamos. Entre varias ideas eliximos a decoración dunha árbore de Nadal e seleccionamos o material que íamos a utilizar. Realizamos a actividade na aula do Croma. Conectamos o iPad ao encerado dixital, para traballar en gran grupo, e miramos as fotos, descartamos as que non nos gustaban e empezamos a editar o vídeo. Aquí tedes o resultado final. agardamos que vos guste!! HAPPY NEW YEAR FELIZ NOVO ANO FELICE ANNO NUOVO YENI YILINIZ MUTLU OLSUN BO NADAL FELIZ AÑO https://drive.google.com/file/d/1h9goGQApP0aO-Gc0kH4vywO7ZL_xzIjx/view

Happy New Year!

Imagen
Queredes ver as postais de felicitación do novo ano do alumnado de Portugal, Italia, Turquía e español? Todas están feitas con diferentes ferramentas como:     # CoSpacesEdu ,   # Scratch ,   # MergeCube ,   # APPInventor No seguinte enlace poderás acceder a un #Wakelet onde están almacenadas online e listas para poder ser visualizadas.  # Erasmus   # WtMemory     #ulusalajans # CeipPontedosBrozos   @ ulusalajans 

As línguas son parte do noso Patrimonio

Imagen
As línguas son parte do noso Patrimonio. Este Nadal en 5°A de Educación Infantil traballamos coas linguas dos nosos coles amigos do Erasmus. Chamounos moito a atención que Feliz Aninovo escríbese moi parecido e ten moitas letras iguais con Italia e Portugal máis moi distinto cando o escribimos en inglés o en turco. Despois escoitamos a pronunciación e dábanos a risa porque non entendíamos nada. Todas estas linguas as reflexamos nunha postal.

Presentámosvos a páxina web do proxecto WTMemory

Imagen
Presentámosvos a páxina web do noso proxecto europeo Erasmus+ K229, "Walking through the memory with immersive technologies" . A páxina web está en inglés e foi deseñada polos nosos socios de Estambul co obxectivo de dar visibilidade á información e ás actividades desenvolvidas polos catro socios que nos acompañan nesta aventura. ℹ️ https://www.wtmemory19.com # Erasmus +   # Sepie # WTMemory   # CeipPontedosBrozos Seguide a información na web e botádelle un ollo ás actividades realizadas. Compartiremos a informaci ón nas redes socias do proxecto e tamén no blog creado particularmente no noso centro. ℹ️ Facebook:   https://www.facebook.com/wtmemory19 ℹ️ Twitter:   https://twitter.com/Wtmemory19 ℹ️ Instagram:   https://www.instagram.com/wtmemory19 ℹ️ Blog WTMemory Ponte dos Brozos:   https://wtmemorypontedosbrozos.blogspot.com

Erasmus corner en Educación Infantil

Imagen
Este é o Erasmus Corner de Educación Infantil, nel compartiremos todo o que vaiamos aprendendo sobre o noso concello. O primeiro punto e o máis importante...Quen vive ai?

Mazara del Vallo. Primeira xuntanza

Imagen
Na semana do 10 ao 14 de novembro profesorado do CEIP Ponte dos Brozos asi como dos demais centros socios do proxecto "Walking through the memory with immersive technologies" tiveron a oportunidade de xuntarse  e establecer a folla de ruta a seguir. Foi un encontro moi satisfactorio pese ás inclemencias do tempo en Mazara. De feito, as escolas estiveron pechadas os dous primeiros días por mor da chuvia e o vento. Aínda asi, reunímonos, compartimos experiencias e coñecemos un pouco máis da cultura e do patrimonio da rexión. A continuación comparto un video resumo da estadía que nos fai chegar Nicoló, o noso anfitrión en Mazara.