Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Merge Cube. Portugal, Turkey, Italy and Spain

Imagen
Unha das actividades que fixo o alumnado do Club de Ciencia e alumnado de 3º e 4º de primaria foi preparar presentacións no Merge Cube sobre os países dos nosos socios. O alumnado gozou descubrindo información sobre a cultura, gastronomía, historia de Turquía, Italia, Portugal e España. Despois presentaron os seus traballos aos demáis e descubriron a maxia da Realidade Aumentada. 

Erasmus Corner Pavillón 1

Imagen
O noso centro caracterízase por ser un macrocentro con máis de 1200 alumnos e alumnas que se distribúen en 3 pavillóns. É por iso que no Pavillón 1 tamén prepararon un Erasmus Corner para dar a coñecer á comunidade educativa e especialmente ao alumnado de 1º, 2º e 4º de Educación Primaria todo o que ten que ver co noso proxecto.  Agora toca presentarvos o Erasmus Corner do Pavillón 1.  Excelente traballo, compañeiras!!

Erasmus Corner Pavillón 2

Imagen
Ola! Hoxe queremos presentarvos o Erasmus Corner do Pavillón 2. As compañeiras de terceiro nivel fixeron un traballo incríble de investigación, deseño e configuración da súa zona Erasmus. Parabéns polo voso traballo. Quedouvos chulísimo!! Mural Erasmus K 229 WTMemory                                                                                      Detalles do mural

Preparando a segunda mobilidade

Imagen
No mes de maio temos previsto acudir a Barcelos para reunirnos nunha segunda xuntanza cos nosos socios. Será unha mobilidade na que particicpará o alumnado de 6º de Educación Primaria, alumnado de 5º de Educación Primaria e alumnado do Clube de Ciencia.  Para preparar a visita, estivemos a traballar sobre Portugal, e concretamente sobre Barcelos. Preparamos diferentes infografías empregando a plataforma CoSpaces que podesn ser visualizadas en Realidade Virtual cunhas lentes 3D.