Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Wtmemory

Exposición solidaria de fotografía wtmemory

Imagen
Unha das actividades que se celebrou na escola e que contou coa participación de toda a comunidade educativa foi unha exposición solidaria de fotografía. O obxectivo era descubrir os lugares máis emocionantes de Arteixo para o noso alumnado, profesorado e familias.  Durante unha semana as familias poideron acudir a vela. Para visitar a exposición era necesario de "comprar" un tícket. O prezo do tícket" era unha pastilla de xabón que sería doado a Mozambique como parte do proxecto " Sementes Amanha ".

Os meus lugares preferidos. Creación de un Tour virtual con Google Expeditions

Imagen
Para conseguir para coñecer os sitios máis representativos de Arteixo , o noso alumnado de cuarto de primaria creou unha visita virtual coa aplicación de Expedicións de Google. rrancaron a visita na Ponte dos Brozos , continuado á sede central de Inditex, moi cerca da ponte Romana vella, continuou a visita virtual no monumento ao Mirón na costa de Arteixo , visitaron o porto de Sorrizo , a Fraga de Sisalde e acabaron cunha visita panorámica de 360 grados desde o Mirador de Santa Locadia . Uns lugares marabillosos que percorremos acompañados dos nosos socios do Erasmus cando nos visitaron no mes de xuño.

Peregrinos no camiño

Imagen
O noso alumnado puido aprender e desfrutar coas aventuras dos peregrinos na súa ruta cara a Santiago.  Link En concreto, os alumnos e alumnas de cuarto de primaria empezaron o camiño e para ser uns bos peregrinos estudaron e investigaron a orixe das peregrinacións. No seguinte video atoparás máis información. 

Instalación: Coñecendo o noso patrimonio

Imagen
O alumnado de Educación realizou unha instalación para dar a benvida ao alumnado dos diferentes paises socios que nos visitaron. Os obxectivos da actividade eran: Construír o seu coñecemento desde observación, procura e interacción cos compañeiros. Experimentar coa luz e as súas posibilidades Comezar no mundo da robótica cos Beebots Coñecer os monumentos que os nenos e nenas do proxecto Erasmo van visitar e reforzar o que aprenderon durante o curso .  

CROC E PEPE FAN O CAMIÑO

Imagen
Este curso, as nenas e nenos da clase das rás están a investigar sobre o camino de Santiago dentro do proxecto Erasmus de Patrimonio do noso colexio. A través das súas mascotas Croc e Pepe realizan distintos retos e aprenden sobre qué é iso de facer o camiño. No primeiro reto as rás atoparon una frecha no medio do monte: qué indicará a frecha? A onde levará? Como non sabían pediron axuda as familias a través dunha carta para que lles axudaran a investigar que indicaba. Unha vez que nos aclararon que indicaba o Camiño de Santiago realizaron un percorrido polo cole onde atoparon frechas que tiñan preguntas para ver os coñecementos previos que tiñan sobre o tema como: Cómo fan os/as peregrinos/as para non perderse? Qué é a cuncha que está no debuxo? Onde durmen os peregrinos? Qué temos que levar na mochila? No reto 2 investigaron sobre os peregrinos:e aprenderon que a vieira é o símbolo do Camiño de Santiago. Clasificaron cunchas de vieira e fixeron unha para poñer cada vez que realizan u...

A orixe do Camiño de Santiago

Imagen
Os rapaces/zas de 4°E comezaron a súa andadura no Camiño de Santiago. É para ser un bo peregrino investigaron cal é a súa orixe. No seguinte video atoparedes máis información. 

Os parques de Arteixo

Imagen
Os nenos e nenas do Ponte dos Brozos van facer un percorrido por algunas das moitas zonas de xogos que temos no noso Concello. Empregaron a plataforma Thinglink que usa imaxes 360 grados e ás que lle engañen información.     A   xogar !!!

O centro de Arteixo

Imagen
  Queres dar un paseo por Arteixo? Pois o alumnado do Ponte dos Brozos convídavos a seguir a súa  ruta virtual e descubrir algúns dos lugares más coñecidos da nosa vila! Non vos perdades a información que comparten os diferentes personaxes que aparecen. Moi interesante!! Grazas ao alumnado, profesorado e ás familias por facer posible esta visita virtual. Encántanos! #Erasmus+ #Wtmemory #CeipPontedosBrozos #Tourvirtual #CoSpaces_Edu #my.360io #Arteixo #Patrimonio

Os miradoiros de Arteixo

Imagen
Os nenos e nenas do Ponte dos Brozos saben onde están os lugares máis privilexiados de Arteixo para ter as mellores vistas. Queres coñecelos? Segue a ruta dos miradoiros e gozarás das marabillosas paisaxes que ofrecen. Non deixes de interactuar coas personaxes que aparecen no tour pois teñen moito que contarche.  Moitas grazas ao alumnado do CEIP Ponte dos Brozos por visibilizar os lugares tan fermosos que temos no concello.

O paseo fluvial de Arteixo. Paseo inmersivo con thinglink

Imagen
O paseo fluvial de Arteixo localízase na zona urbana e vai desde Loureda ata o Muiño do Rañal, ao longo do río Bolaños. É unha zona perfecta para o ocio de todas e todos. As nenas e nenos do CEIP Ponte dos Brozos sábenno e invítanvos a coñecelo. Gozade cos marabillosos lugares que nos ofrece o noso concello!

A senda azul de Arteixo

Imagen
  Hoxe presentámosvos a senda litoral de Arteixo, máis coñecida como a Senda Azul de Arteixo. No ano 2020, houbo en españa 68 recoñecementos de sendeiros azuis e nós temos a sorte de contar con un no noso concello!  Este galardón pon en valor a recuperación e protección do medio natural e dos seus recursos naturais, culturais e patrimoniais. Asi como destaca o desenvolvemento sostible do litoral constituindo un espazo que favorece hábitos de vida saudable.  A senda azul ten uns 6,4 kilómetros (So ida) e percorre o litoral de Arteixo pasando por algunhas praias espectaculares que teñen bandeira azul: Alba, Salsa-Repibelo, Hucha, Valcovo, Combouzas, Barrañan e O Reiro. O alumnado e o profesorado de segundo e cuarto de Educación Primaria creou un percorrido con imaxes en 360 grados para visibilizar e dar a coñecer esta marabilla do concello.  Deixámosvos aquí a ligazón para que poidades visitar a senda azul. Gozade coa espectacularidade da nosa costa. Parabéns ás mes...

Genevieve de Galard

Esta é a versión dos nenos e nenas de 6ªA de Educación Infantil do CEIP Ponte Dos Brozos sobre o naufraxio do Barco Pesqueiro Genevieve de Galard. Esperamos que vos guste e vos resulte tan ameno que nunca esquezades o que pasou unha noite de néboa fai moitos anos. #CEIPPontedosBrozos #Erasmus + #Wtmemory #sepie #Educacióninfantil #Patimonio #Arteixo

Atrapados na historia. Creación de videoxogos en mundos virtuais

Imagen
 Unha forma de descubrir, visibilizar e poñer en valor o noso patrimonio é coñecéndoo. Iso é o que fai o alumnado de 5º e 6º de primaria nunha das actividades do Club de Ciencia.  As simulacións prehistóricas serven de escenario para a creación de Videoxogos con CoSpaces, unha plataforma de creación de contidos en Realidade Virtual.  Compartimos un pequeno adianto do traballo que están a facer.  Se queredes podedes probar a descargar a aplicación CoSpaces_Edu para dispositivos móbiles e xogar

A Lenda do Galo de Barrañán

Imagen
Continuamos a traballar o patrimonio de Arteixo porque o medio e a cultura popular ofertan unha chea de recursos didácticos-motivadores cos que enriquecer a nosa labor educativa. Esta é a lenda do Galo vista cos ollos dos nenos e nenas de 5 anos da clase de 6º A de Educación Infantil. 

Get to know us!

Imagen
No primeiro nivel de Educación primaria están preparando un traballo para que poidades coñecernos un pouco mellor.  Usan a cámara 360 grados para facer videos da escola e mostrar as diferentes dependencias e utilizan Genial.ly para organizar e presentar todo o traballo.  De momento, mostrámosvos a primeira etapa do proxecto que grazas ao alumnado do nivel, os profes Guille e Judith, irán completando ao longo do curso. 

WTMemory no confinamento

Imagen
Durante o periodo de confinamento quedaron moitos traballos sen poder ser finalizados, sen embargo a nosa pretensión é retomalos en canto poidamos. Durante este tempo, o noso alumnado mostrou os seus ánimos e desexos aos compañeiros e gravaron un video que compartimos cos socios "desde a miña fiestra". Unha idea moi chula que nos compartiu o CPI O Cruce de Cerceda e que enseguida nos gustou e quixemos levar a cabo.  Esta é a ligazón    para que poidades acceder a ver o video " Desde a miña fiestra".

Wtmemory. Queres coñecernos?

Na seguinte infografía poderás acceder aos enlaces dos nosos socios e ás nosas RRSS.   Proxecto " Walking through the memorywith immersive technologies " #CeipPontedosBrozos #Wtmemory #Erasmus+

MAGOSTO

Presentámosvos este video feito polo alumnado de Educación Infantil xunto coas súas mestras hai xa algún tempo. Un traballo que recolle a nosa tradición do magosto e que esta feito para o proxecto Erasmus+ “Walking through the memory with immersive technologies” O vídeo é un pequeno resumo da festa do Magosto. Durante esa semana traballamos contos, xogos, manualidades coa temática das castañas. # CEIPPontedosBrozos # Erasmus + # Sepie # WTMemory #Anabilim #ErasmusPlus @ulusalajans @sepiegob

Happy New Year!

Imagen
Queredes ver as postais de felicitación do novo ano do alumnado de Portugal, Italia, Turquía e español? Todas están feitas con diferentes ferramentas como:     # CoSpacesEdu ,   # Scratch ,   # MergeCube ,   # APPInventor No seguinte enlace poderás acceder a un #Wakelet onde están almacenadas online e listas para poder ser visualizadas.  # Erasmus   # WtMemory     #ulusalajans # CeipPontedosBrozos   @ ulusalajans 

As línguas son parte do noso Patrimonio

Imagen
As línguas son parte do noso Patrimonio. Este Nadal en 5°A de Educación Infantil traballamos coas linguas dos nosos coles amigos do Erasmus. Chamounos moito a atención que Feliz Aninovo escríbese moi parecido e ten moitas letras iguais con Italia e Portugal máis moi distinto cando o escribimos en inglés o en turco. Despois escoitamos a pronunciación e dábanos a risa porque non entendíamos nada. Todas estas linguas as reflexamos nunha postal.