Na semana do 14 ao 18 de xuño acudiron a visitarnos a arteixo alumnado e profesorado de Sicilia, Estambul, Barcelos e Cerceda. Foi unha semana chea de actividades e de memorables recordos. O plan das actividades foi o seguinte Erasmus mobility - Arteixo- de PdB Ponte dos Brozos Na seguinte ligazón podedes acceder ás imaxes da visita
O alumnado de Educación realizou unha instalación para dar a benvida ao alumnado dos diferentes paises socios que nos visitaron. Os obxectivos da actividade eran: Construír o seu coñecemento desde observación, procura e interacción cos compañeiros. Experimentar coa luz e as súas posibilidades Comezar no mundo da robótica cos Beebots Coñecer os monumentos que os nenos e nenas do proxecto Erasmo van visitar e reforzar o que aprenderon durante o curso .
Para conseguir para coñecer os sitios máis representativos de Arteixo , o noso alumnado de cuarto de primaria creou unha visita virtual coa aplicación de Expedicións de Google. rrancaron a visita na Ponte dos Brozos , continuado á sede central de Inditex, moi cerca da ponte Romana vella, continuou a visita virtual no monumento ao Mirón na costa de Arteixo , visitaron o porto de Sorrizo , a Fraga de Sisalde e acabaron cunha visita panorámica de 360 grados desde o Mirador de Santa Locadia . Uns lugares marabillosos que percorremos acompañados dos nosos socios do Erasmus cando nos visitaron no mes de xuño.
Comentarios
Publicar un comentario