Mazara del Vallo. Primeira xuntanza



Na semana do 10 ao 14 de novembro profesorado do CEIP Ponte dos Brozos asi como dos demais centros socios do proxecto "Walking through the memory with immersive technologies" tiveron a oportunidade de xuntarse  e establecer a folla de ruta a seguir.

Foi un encontro moi satisfactorio pese ás inclemencias do tempo en Mazara. De feito, as escolas estiveron pechadas os dous primeiros días por mor da chuvia e o vento.

Aínda asi, reunímonos, compartimos experiencias e coñecemos un pouco máis da cultura e do patrimonio da rexión.



A continuación comparto un video resumo da estadía que nos fai chegar Nicoló, o noso anfitrión en Mazara.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Iniciamos o proxecto "Walking through the memory with immersive technologies"