Na semana do 14 ao 18 de xuño acudiron a visitarnos a arteixo alumnado e profesorado de Sicilia, Estambul, Barcelos e Cerceda. Foi unha semana chea de actividades e de memorables recordos. O plan das actividades foi o seguinte Erasmus mobility - Arteixo- de PdB Ponte dos Brozos Na seguinte ligazón podedes acceder ás imaxes da visita
O noso alumnado puido aprender e desfrutar coas aventuras dos peregrinos na súa ruta cara a Santiago. Link En concreto, os alumnos e alumnas de cuarto de primaria empezaron o camiño e para ser uns bos peregrinos estudaron e investigaron a orixe das peregrinacións. No seguinte video atoparás máis información.
Unha das actividades que se celebrou na escola e que contou coa participación de toda a comunidade educativa foi unha exposición solidaria de fotografía. O obxectivo era descubrir os lugares máis emocionantes de Arteixo para o noso alumnado, profesorado e familias. Durante unha semana as familias poideron acudir a vela. Para visitar a exposición era necesario de "comprar" un tícket. O prezo do tícket" era unha pastilla de xabón que sería doado a Mozambique como parte do proxecto " Sementes Amanha ".
Comentarios
Publicar un comentario