Espazo para o proxecto Erasmus+ K229 do CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo
Our favourite place
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
-
As nenas e nenos de 2º de primaria estiveron a localizar os seus lugares favoritos do Concello de Arteixo e posteriormente crearon varios Tours virtuais coa ferramenta de Google, Tour Creator.
Na semana do 14 ao 18 de xuño acudiron a visitarnos a arteixo alumnado e profesorado de Sicilia, Estambul, Barcelos e Cerceda. Foi unha semana chea de actividades e de memorables recordos. O plan das actividades foi o seguinte Erasmus mobility - Arteixo- de PdB Ponte dos Brozos Na seguinte ligazón podedes acceder ás imaxes da visita
Para conseguir para coñecer os sitios máis representativos de Arteixo , o noso alumnado de cuarto de primaria creou unha visita virtual coa aplicación de Expedicións de Google. rrancaron a visita na Ponte dos Brozos , continuado á sede central de Inditex, moi cerca da ponte Romana vella, continuou a visita virtual no monumento ao Mirón na costa de Arteixo , visitaron o porto de Sorrizo , a Fraga de Sisalde e acabaron cunha visita panorámica de 360 grados desde o Mirador de Santa Locadia . Uns lugares marabillosos que percorremos acompañados dos nosos socios do Erasmus cando nos visitaron no mes de xuño.
O noso alumnado puido aprender e desfrutar coas aventuras dos peregrinos na súa ruta cara a Santiago. Link En concreto, os alumnos e alumnas de cuarto de primaria empezaron o camiño e para ser uns bos peregrinos estudaron e investigaron a orixe das peregrinacións. No seguinte video atoparás máis información.
Comentarios
Publicar un comentario