Entradas populares de este blog
Get to know us!
No primeiro nivel de Educación primaria están preparando un traballo para que poidades coñecernos un pouco mellor. Usan a cámara 360 grados para facer videos da escola e mostrar as diferentes dependencias e utilizan Genial.ly para organizar e presentar todo o traballo. De momento, mostrámosvos a primeira etapa do proxecto que grazas ao alumnado do nivel, os profes Guille e Judith, irán completando ao longo do curso.
Iniciamos o proxecto "Walking through the memory with immersive technologies"
"Walking through the memory with immersive technologies" é un proxecto Erasmus+ K229, de intercambio de boas prácticas entre centros educativos. Está coordinado polo CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo e ten como socios ao CPI O Cruce de Cerceda, España; Agrupamento de escolas de Barcelos , Portugal; Istituto Comprensivo Statale Borsellino Ajello de Mazara del Valo, Italia e Private Anabilim Middle School de Estambul , Turquía. O proxecto “ Walking through the memory with immersive technologies ” céntrase no estudo, conservación, valorización e difusión do patrimonio intanxible e tanxible da nosa localidade a través da Aprendizaxe por Proxectos e o uso da Realidade Aumentada e Virtual. Os alumnos de Primaria crearán unha plataforma de colaboración na que compartirán coa comunidade educativa nacional e internacional os descubrimentos realizados e a súa difusión a través de múltiples formatos que inclúen, contos animados, videoxogos ou exposicións virtuais.
Comentarios
Publicar un comentario