Arteixo, territorio dos bots


Este proxecto estaba pensado para levar a cabo co alumnado de 5º de Ed Primaria. Por mor do confinamento quedou aprazado. Consistía na creación dun Chatbot para contestar ás preguntas sobre o patrimonio da localidade.

Crearonse 5 categorías en Machine Learning, unha por cada época histórica. A cada categoría incorporouselle información sobre a historia, sociedade, economía, arte e costumes.

Descrición do proxecto Scratch: O proxecto en Scratch simulará un aula do futuro onde os alumnos teñen un asistente persoal configurado para responderlles dúbidas sobre o patrimonio da súa localidade.

Deseño: Utilizaremos nosas propias imaxes e fondo para darlle vida. O proxecto constará dunha pantalla onde o bot será o protagonista principal. Cada vez que o Bot responde unha época histórica o monitor interactivo, cambia a unha imaxe da época.

No vindeiro curso tentaremos recuperar a proposta e introducir ao alumnado no uso da Intelixencia Artificial. Machine Learning+Scratch.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Visita dos socios do proxecto "Wtmemory" a Arteixo

Peregrinos no camiño

Os meus lugares preferidos. Creación de un Tour virtual con Google Expeditions