A senda azul de Arteixo

 


Hoxe presentámosvos a senda litoral de Arteixo, máis coñecida como a Senda Azul de Arteixo. No ano 2020, houbo en españa 68 recoñecementos de sendeiros azuis e nós temos a sorte de contar con un no noso concello! 

Este galardón pon en valor a recuperación e protección do medio natural e dos seus recursos naturais, culturais e patrimoniais. Asi como destaca o desenvolvemento sostible do litoral constituindo un espazo que favorece hábitos de vida saudable. 

A senda azul ten uns 6,4 kilómetros (So ida) e percorre o litoral de Arteixo pasando por algunhas praias espectaculares que teñen bandeira azul: Alba, Salsa-Repibelo, Hucha, Valcovo, Combouzas, Barrañan e O Reiro.

O alumnado e o profesorado de segundo e cuarto de Educación Primaria creou un percorrido con imaxes en 360 grados para visibilizar e dar a coñecer esta marabilla do concello. 

Deixámosvos aquí a ligazón para que poidades visitar a senda azul. Gozade coa espectacularidade da nosa costa. Parabéns ás mestras e ao alumnado polo traballo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Visita dos socios do proxecto "Wtmemory" a Arteixo

Peregrinos no camiño

Os meus lugares preferidos. Creación de un Tour virtual con Google Expeditions