CROC E PEPE FAN O CAMIÑO
Este curso, as nenas e nenos da clase das rás están a investigar sobre o camino de Santiago dentro do proxecto Erasmus de Patrimonio do noso colexio. A través das súas mascotas Croc e Pepe realizan distintos retos e aprenden sobre qué é iso de facer o camiño.
No primeiro reto as rás atoparon una frecha no medio do monte: qué indicará a frecha? A onde levará?
Como non sabían pediron axuda as familias a través dunha carta para que lles axudaran a investigar que indicaba.
Unha vez que nos aclararon que indicaba o Camiño de Santiago realizaron un percorrido polo cole onde atoparon frechas que tiñan preguntas para ver os coñecementos previos que tiñan sobre o tema como:
Cómo fan os/as peregrinos/as para non perderse?
Qué é a cuncha que está no debuxo?
Onde durmen os peregrinos?
Qué temos que levar na mochila?
No reto 2 investigaron sobre os peregrinos:e aprenderon que a vieira é o símbolo do Camiño de Santiago.
Clasificaron cunchas de vieira e fixeron unha para poñer cada vez que realizan unha
actividade do camiño.
Tamén realizaron unha ruta con bastones onde aprenderon que cando andamos en grupo os peregrinos/as teñen que ir co paso moi coordinado, sen interrumpir os/as compañeiros/as.
No reto 3 prepáranse para facer o camino facendo un vídeo para expricar como nos temos que vestir e que é o que hai que levar na mochila para facer o camiño.
Video in Galician language with subtitles
Comentarios
Publicar un comentario