"Walking through the memory with immersive technologies" é un proxecto Erasmus+ K229, de intercambio de boas prácticas entre centros educativos. Está coordinado polo CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo e ten como socios ao CPI O Cruce de Cerceda, España; Agrupamento de escolas de Barcelos , Portugal; Istituto Comprensivo Statale Borsellino Ajello de Mazara del Valo, Italia e Private Anabilim Middle School de Estambul , Turquía. O proxecto “ Walking through the memory with immersive technologies ” céntrase no estudo, conservación, valorización e difusión do patrimonio intanxible e tanxible da nosa localidade a través da Aprendizaxe por Proxectos e o uso da Realidade Aumentada e Virtual. Os alumnos de Primaria crearán unha plataforma de colaboración na que compartirán coa comunidade educativa nacional e internacional os descubrimentos realizados e a súa difusión a través de múltiples formatos que inclúen, contos animados, videoxogos ou exposicións virtuais.