APRENDIZAXE INMERSIVA
A aprendizaxe inmersiva é aquela que utiliza a realidade virtual, a realidade aumentada e a fotografía ou o vídeo 360º para mostrar e interactuar cos contidos que queremos traballar.
O uso desta tecnoloxía fomenta a estimulación multisensorial do alumnado e conleva un aumento da motivación e a curiosidade á vez que favorece a comprensión de determinados contidos dunha maneira máis natural e eficaz e menos abstracta.
Adáptase ás necesidades educativas do alumnado ao que lle resulta máis fácil a asimilación de conceptos xa que permite vivenciar e conectar dunha forma máis eficaz cos contidos, logrando un maior desenvolvemento de competencias e unha aprendizaxe máis significativa.
Os nosos proxectos de aprendizaxe inmersiva baséanse na creación por parte do alumnado, principalmente, de contextos e escenarios cos que pode xogar e interactuar, perseguindo un modelo educativo que potencia un alumnado protagonista da súa aprendizaxe.
Comentarios
Publicar un comentario