Entradas

A orixe do Camiño de Santiago

Imagen
Os rapaces/zas de 4°E comezaron a súa andadura no Camiño de Santiago. É para ser un bo peregrino investigaron cal é a súa orixe. No seguinte video atoparedes máis información. 

Festival de nadal

Imagen
O pasado venres 17 de decembro celebramos un superfestival de nadal a través da plataforma Webex. Houbo participación de todos os socios e do alumnado que forma parte do Erasmus "Wtmemory". Pese ás dificultades técnicas, puidemos ver e escoitar aos nenos e nenas de Turquía, Barcelos, Cerceda, Mazara e Arteixo. Foi unha experiencia moi bonita que esperamos repetir nas vindeiras datas. Aqui vos deixamos a participación dos diferentes socios, agás Barcelos que o fixeron en directo.  Centro Público Integrado O Cruce      I.C. Borsellino Ajello      Private Anabilim Middle School CEIP Ponte dos Brozos Mutlu Noeller Buon Natale Feliz Natal Bo nadal Feliz navidad MERRY CHRISTMAS!!
Imagen
CHRISTMAS FESTIVAL “ WALKING THROUGH THE MEMORY IMMERSIVE TECHNOLOGIES” Next Friday at 10 CET #FestivaldeNadal   #Christmas   #wtmemory   #Erasmus +  #Erasmus +  #sepie_gob  

Os parques de Arteixo

Imagen
Os nenos e nenas do Ponte dos Brozos van facer un percorrido por algunas das moitas zonas de xogos que temos no noso Concello. Empregaron a plataforma Thinglink que usa imaxes 360 grados e ás que lle engañen información.     A   xogar !!!

O centro de Arteixo

Imagen
  Queres dar un paseo por Arteixo? Pois o alumnado do Ponte dos Brozos convídavos a seguir a súa  ruta virtual e descubrir algúns dos lugares más coñecidos da nosa vila! Non vos perdades a información que comparten os diferentes personaxes que aparecen. Moi interesante!! Grazas ao alumnado, profesorado e ás familias por facer posible esta visita virtual. Encántanos! #Erasmus+ #Wtmemory #CeipPontedosBrozos #Tourvirtual #CoSpaces_Edu #my.360io #Arteixo #Patrimonio

Super mulleres de Arteixo

Imagen
Seguimos sumando ao noso proxecto!. Os alumnos/as de primeiro dan a coñecer as   super mulleres de Arteixo. Fixeron entrevistas, falamos dos seus oficios e dos seus superpoderes! Gran traballo dos nenos e nenas e das familias. Queres coñecelas?  #Wtmemory #CeipPontedosBrozos #Arteixo #Patrimonio #ErasmusPlus 

Os miradoiros de Arteixo

Imagen
Os nenos e nenas do Ponte dos Brozos saben onde están os lugares máis privilexiados de Arteixo para ter as mellores vistas. Queres coñecelos? Segue a ruta dos miradoiros e gozarás das marabillosas paisaxes que ofrecen. Non deixes de interactuar coas personaxes que aparecen no tour pois teñen moito que contarche.  Moitas grazas ao alumnado do CEIP Ponte dos Brozos por visibilizar os lugares tan fermosos que temos no concello.