Entradas

BreakOut about patrimonio

Imagen
Compartimos con vós un Genial.ly realizado para traballar sobre dúas rutas do patrimonio arteixán.  O alumnado de terceiro e de quinto de primaria participou neste curso en varios traballos sobre lendas de Arteixo. Estas estan ambientadas en lugares característicos do noso patrimonio.  O profesorado creou diferentes paseos, xeolocalizounos e agachou numerosos obxectos que debían ser descubertos polo alumnado cando realizaran a ruta.  Foi un traballo moi bonito e especial no que os protagonistas foron eles e Xabier Maceiras, o noso guía.  Parabéns polo traballo!

Our favourite place

Imagen
As nenas e nenos de 2º de primaria estiveron a localizar os seus lugares favoritos do Concello de Arteixo e posteriormente crearon varios Tours virtuais coa ferramenta de Google, Tour Creator.  Aqui tedes un exemplo do seu traballo. Parabéns!

Merge Cube. Portugal, Turkey, Italy and Spain

Imagen
Unha das actividades que fixo o alumnado do Club de Ciencia e alumnado de 3º e 4º de primaria foi preparar presentacións no Merge Cube sobre os países dos nosos socios. O alumnado gozou descubrindo información sobre a cultura, gastronomía, historia de Turquía, Italia, Portugal e España. Despois presentaron os seus traballos aos demáis e descubriron a maxia da Realidade Aumentada. 

Erasmus Corner Pavillón 1

Imagen
O noso centro caracterízase por ser un macrocentro con máis de 1200 alumnos e alumnas que se distribúen en 3 pavillóns. É por iso que no Pavillón 1 tamén prepararon un Erasmus Corner para dar a coñecer á comunidade educativa e especialmente ao alumnado de 1º, 2º e 4º de Educación Primaria todo o que ten que ver co noso proxecto.  Agora toca presentarvos o Erasmus Corner do Pavillón 1.  Excelente traballo, compañeiras!!

Erasmus Corner Pavillón 2

Imagen
Ola! Hoxe queremos presentarvos o Erasmus Corner do Pavillón 2. As compañeiras de terceiro nivel fixeron un traballo incríble de investigación, deseño e configuración da súa zona Erasmus. Parabéns polo voso traballo. Quedouvos chulísimo!! Mural Erasmus K 229 WTMemory                                                                                      Detalles do mural

Preparando a segunda mobilidade

Imagen
No mes de maio temos previsto acudir a Barcelos para reunirnos nunha segunda xuntanza cos nosos socios. Será unha mobilidade na que particicpará o alumnado de 6º de Educación Primaria, alumnado de 5º de Educación Primaria e alumnado do Clube de Ciencia.  Para preparar a visita, estivemos a traballar sobre Portugal, e concretamente sobre Barcelos. Preparamos diferentes infografías empregando a plataforma CoSpaces que podesn ser visualizadas en Realidade Virtual cunhas lentes 3D.

Wtmemory. Queres coñecernos?

Na seguinte infografía poderás acceder aos enlaces dos nosos socios e ás nosas RRSS.   Proxecto " Walking through the memorywith immersive technologies " #CeipPontedosBrozos #Wtmemory #Erasmus+